CRTVG

Buscar

Feijóo recoñece que as restricións en Galicia son complexas pero necesarias

Publicado o 21/10/2020 15:10

Ás restricións que entran mañá en vigor referiuse no Parlamento de Galicia o presidente da Xunta. Feijóo fixo un chamamento aos galegos

O presidente da Xunta recoñeceu que as medidas son complexas pero necesarias para controlar a infección e que a situación non se agrave na nosa comunidade.

Feijóo volveu a pedir unha modificación da Lei de saúde pública para xestionar mellor a pandemia sen ter que recorrer ao estado de alarma.

Tamén apelou á responsabilidade de todos os galegos para desterrar os comportamentos incívicos nestes difíciles momentos.

Xestión das residencias de maiores

Xunto con isto, a xestión das residencias de maiores durante a pandemia tamén foi motivo de debate durante a sesión de control ao Goberno.

O BNG lembrou que 364 maiores morreron nas residencias galegas por causa da covid-19.

Ana Pontón pediu máis anticipación, máis persoal, probas PCR masivas para usuarios e traballadores e blindar estes centros.

Pola súa banda, o presidente da Xunta defendeu a xestión que fixo o Goberno galego das residencias de maiores e lembrou que Galicia é a terceira comunidade con menos falecidos neste tipo de centros.

Así e todo, avanzou que teñen propostas de mellora que trasladarán ao comité de expertos.

Noticias web

21/10/2020