CRTVG

Buscar

A Xunta propón un préstamo participativo para modernizar a factoría de San Cibrao

Publicado o 16/06/2020 08:29

• A ministra de Industria di que o problema de Alcoa non é o prezo da enerxía, senón a falta de investimentos do pasado, e insta a empresa a tomar unha decisión definitiva

• Piden no Congreso que se aprobe o estatuto das electrointensivas

Estamos en semanas decisivas para o futuro de Alcoa. A Xunta propón dedicar parte dos fondos europeos que lle corresponden a Galicia e un préstamo participativo a facer plans de industrialización e modernización da factoría de San Cibrao.

Iso foi o que lles dixo Alberto Núñez Feijóo aos representantes dos traballadores, cos que se reuniu hoxe en Santiago. O presidente aclara que antes cómpre que o Goberno garanta un prezo competitivo da electricidade.

"Temos fondos europeos para loitar contra a crise da COVID-19 que o podemos destinar a esta factoría e ademais a Xunta está disposta a poñer préstamos paticipativos para executar un plan industrial modenizacion da compañía para que poida producir aluminio nas próximas décadas. Solo necesitamos unha poxa de interrompibildiade para o que nos queda de ano e atender ás alegacións á tarifa eléctrica para os póximos anos". afirmou Alberto Núñez Feijóo.

O que noutas circuenstancias sería unha axuda á contuindade para a factoria de San Cibrao, non serve para nada se o Goberno non garante un prezo enerxértico viable oara o que queda de ano, explica o presidente da Xunta.

O xoves comeza a negocación de máis de 500 ERE en Alcoa. O pesidente do comité de empresa asegura que é por causa do Goberno, que non quixo facer o estauto eléctrico e agora nega que o prezo da enerxía sexa o problema.

"Se fai o que lles solicitamos e a Xunta apoia con investimentos, teríamos viablidade. Estamos seguros", afirma o representante dos traballadores, José Antonio Zan.

Os traballadores piden ver a Pedro Sánchez na busca dunha saída para que quedan días.

Pola súa parte, a ministra de Industria, Reyes Maroto, logo da reunión do Consello de Ministros, destacou a importancia de "manter a unidade de acción" das administracións e do comité de empresa para defender a continuidade da produción e do emprego.

Ademais, Maroto anunciou que o vindeiro 23 de xuño o Consello de Ministros aprobará o fondo de garantía para o prezo da enerxía, "e unha vez aprobado daremos curso ao estatuto das electrointensivas que estará nas vindeiras semanas aprobado".

Con todo, a ministra asegura que en Alcoa en San Cibrao, a día de hoxe, "non hai un problema de prezo; o problema desa planta é a de sobrecapacidade e de falta de investimentos, de que empresa non investiu cartos na planta", dixo.

Reyes Maroto pediulle a Alcoa "que se aclare, necesitamos clarificar cal é a súa decisión". No caso de que a empresa manteña a súa intención de despedir 534 traballadores "o que lle dicimos á empresa é que deixe paso a outro proxecto de investimento". Porque en opinión de Maroto, 

Alu Ibérica

A ministra tamén se referiu á situación de Alu Ibérica na Coruña, antiga Alcoa, e explicou que se lle solicitou tanto a Alcoa como ao novo propietario, Parter, que presenten os acordos asumidos polas dúas partes cando se produciu a venda, que estipulaban o mantemento do emprego ata xullo de 2021. 

Con esa información sobre a mesa de seguimento, dixo a ministra, "iremos tomando decisións co mesmo obxectivo: o mantemento do emprego e das capaciades produtivas".

Noticias web

16/06/2020