CRTVG

Buscar

Feijóo: "Podería haber noticias positivas para hostalería antes da ponte"

Publicado o 30/11/2020 14:56

Da reunión do comité clínico deste martes podería saír a decisión de levantar restricións nos concellos onde a evolución dos contaxios e ingresos vai mellor, que son tamén as cidades que levan máis tempo cos peches. Alberto Núñez Feijóo di que son optimistas respecto a Ourense e Santiago, sobre todo, pero tamén á Coruña.

"Pode haber noticias positivas para a hostalería en boa parte de Galicia antes da ponte e imos ver a que cidades e concellos pode afectar o levantamento de restricións", asegurou.

O presidente da Xunta confía en que a mediados de mes poidan relaxarse outras medidas, e para conseguilo volve apelar á responsabilidade de cadaquén.

"Se somos capaces de manter o comportamento que a maioría da xente mantén, as restricións á hostalería serán menores. Outramente, afectaremos ese sector, cuxa situación estamos resolvendo con axudas pero non totalemente, porque a xente quere traballar", afirmou Alberto Núñez Feijóo.

Noticias web

30/11/2020