CRTVG

Buscar

Feijóo pide un plan para recuperar a imaxe de España como "destino seguro"

Publicado o 09/06/2020 20:45

O sector turístico galego ten neste momento o 20% das reservas que rexistraba hai un ano para o verán, pero cada día van aumentando as altas e o presidente da Xunta confía nunha maior reactivación a partir desta fin de semana.

Nun encontro organizado polo Grupo Hotusa, Alberto Núñez Feijóo reclamou un plan nacional específico para o turismo porque sen esta industria, dixo, España non volverá ao PIB e emprego que había antes da pandemia.

Noticias web

09/06/2020