CRTVG

Buscar

Feijóo: "O sector lácteo non tocou teito"

Publicado o 18/11/2020 14:14

Alberto Núñez Feijóo presentou hoxe a estratexia do sector lácteo 2020-2025, que inclúe un estudo de custos para que os gandeiros saiban o que lles supón producir un litro de leite e calculen prezos. Este ano ata setembro subiu 4 céntimos, un 7%.

"Estamos convencidos que o sector lácteo non tocou teito e que podemos facer máis e mellor, e prodicir máis e incrementar a calidade e transformar máis e que teñan un peso industrial superior", defendeu o presidente da Xunta.

Este plan para a transformación do leite de Galicia en Galicia foi pactado con industria e gandeiros. "Estamos falando dunha aposta pola calidade, polo valor engadido, pola mellora da xestión empresarial dos nosos gandeiros e polo incremento da base territorial das nosas explotacións", explicou José González, conselleiro do Medio Rural.

O obxectivo da estratexia, e a lóxica, é transformar aquí o leite en queixos ou iogures e facer da calidade o principal reclamo para aumentar o valor e as vendas.

Noticias web

18/11/2020