CRTVG

Buscar

Feijóo: "Non se pode facer un código penal á medida duns delincuentes"

Publicado o 24/01/2020 12:39

"Para solucionar unha investidura imos desmoronar a casa común, que é o Estado das autonomías. Se queren pactar un indulto que o digan, pero isto é peor. É facer un código penal á medida duns delincuentes", afirma o presidente da Xunta.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, aplaudiu as declaracións do líder socialista en Castela-A Mancha, Emiliano García Page, en relación á reforma do Código Penal e censurou a "modificación á carta" que expón o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, coa reforma desta lexislación.  

"Botamos de menos que Page fale un pouco máis porque iso é bo para o PSOE, para Castela-A Mancha e para España", subliñou Feijóo en declaracións aos xornalistas durante a súa visita á caseta de Galicia en Fitur e antes de atoparse co presidente do PP, Pablo Casado, para darlle a coñecer este espazo galego nesta feira internacional.  

O líder galego referíase ás declaracións de Page en que aseguraba que co Código Penal "non se pode mercadear" en relación á proposta por parte do Goberno de reformar esta lexislación para modificar a tipificación dos delitos de rebelión e sedición.  

Ao seu xuízo, esta proposta de Pedro Sánchez trátase dunha "modificación á carta" do Código Penal que supón "unha factura" por parte do Executivo aos independentistas polo seu apoio na investidura. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2020