CRTVG

Buscar

Feijóo insiste en que quedar na casa o domingo é darlle o voto ao multipartito

Publicado o 10/07/2020 15:23

Feijóo pídelle aos seus que voten sen medo e que o domingo dean unha lección de democracia. Insiste en que ir votar é seguro e que quedar na casa é darlle o voto ao multipartito. Feijóo dilles a todos os que queiran que el siga de presidente que dediquen 15 minutos a ir ao colexio electoral. Asegura tamén que Galicia necesita un goberno forte, unido e que saiba xestionar a crise económica actual. Para Feijóo, non é momento de experimentos.

Noticias web

10/07/2020