CRTVG

Buscar

Feijóo: "Estas eleccións van de prioridades e a miña é Galicia"

Publicado o 27/06/2020 15:45

Mitin central do Partido Popular de Galicia en Pontevedra. Alberto Núñez Feijóo estivo acompañado neste primeiro sábado de campaña por Pablo Casado e Mariano Rajoy.

No escenario en que arrancou a campaña das outras eleccións que o levaron á vitoria, Feijóo reivindicou o lema desta cuarta e afirmou que todo o mundo sabe perfectamente cal é o seu partido.

Mariano Rajoy, que foi recibido no atril por un longo aplauso, defendeu que Feijóo é o mellor presidente que pode ter a Xunta, e que iso é o que pensan, dixo, mesmo os que non o van votar.

Pablo Casado cualificou a Feijóo de presidente dos galegos e pediulle a Pedro Sánchez que se comprometa coas empresas e demandas de Galicia.

O candidato dos populares galegos á reeleción chamou a participar masivamente nunhas eleccións que se producen nun momento crucial para Galicia e para España.

 

Noticias web

27/06/2020