CRTVG

Buscar

Feijóo dá a sorpresa ao entrar en directo no 'Land Rober'

Publicado o 15/02/2019 00:09

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entrou en directo no programa 'Land Rober' da TVG. Foi durante un xogo en que participaban Roberto Vilar e o invitado da semana, Luís Zahera, 'Mira quen chama celebrities'.

Durante a conexión telefónica, Feijóo aproveitou para felicitar o actor polo seu recente premio Goya.

Ante a incredulidade dos dous, o presidente da Xunta quixo aclarar o motivo, en parte, da súa chamada: "É que lle debía unha a Luís porque cando estiven aí cometín o erro imperdoable de non recoñecelo e, con toda a razón, criticáronme".

E tamén engadiu que das primeiras cousas que fixo tras saber que o actor gañara o premio foi chamalo para felicitalo.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/02/2019