CRTVG

Buscar

Feijóo promete reabrir a sala de partos de Verín en canto haxa pediatras

Publicado o 18/12/2019 12:24

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este mércores a súa decisión de pechar "provisionalmente" a sala de partos de Verín pola falta de pediatras e manifestou o seu compromiso de reabrilo "en 24 horas" en canto haxa estes profesionais.

Foi nunha nova sesión tensa no Parlamento galego, na que os representantes dos tres grupos da oposición -PSdeG, Grupo Común da Esquerda e BNG, que preguntaba por outro tema- coincidiron en non dar credibilidade ao compromiso do presidente e acusárono de mentir e enganar con argumentos falaces e cambiantes para tomar esa decisión.

Durante o tenso debate, primeiro con Ana Póntón (BNG) -que preguntaba sobre a privatización da educación superior- e posteriormente con Antón Sánchez (Grupo Común da Esquerda) e Gonzalo Caballero (PSdeG), Núñez Feijóo e estes portavoces acusáronse mutuamente de "xogar" coa seguridade e coas vidas das nais e dos bebés.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí