CRTVG

Buscar

Núñez Feijóo comparece esta tarde tras a convocatoria electoral de Urkullu

Publicado o 10/02/2020 17:25

EN DIRECTO | O presidente da Xunta convocou os medios tras unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta, un órgano ao que é preceptivo que informe da súa decisión se decide adiantar as eleccións autonómicas 

• O lehendakari adianta as eleccións vascas ao 5 de abril

&am

Núñez Feijóo comparece esta tarde tras a convocatoria electoral de Urkullu

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, convocou para as 18:30 horas desta tarde unha conferencia de prensa, minutos despois de que o lehendakari, Íñigo Urkullu, confirmara o adianto electoral no País Vasco para o próximo 5 de abril.

O presidente galego convocou os medios tras unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta, un órgano ao que é preceptivo que informe da súa decisión se decide adiantar as eleccións autonómicas. Con esta reunión extraordinaria crecen as especulacións de que Galicia está abocada tamén a un adianto electoral para coincidir cos comicios vascos do mesmo xeito que en 2009, en 2012 e en 2016.

Preguntado por esta cuestión durante un acto esta mañá en Mazaricos (A Coruña), Núñez Feijóo desvinculou a súa decisión de adiantar ou non os comicios do que dixese o lehendakari e explicou que o faría pensando no que considera "mellor" para Galicia. Se fose convocar eleccións o 5 de abril tería que acelerar os prazos, dado que o mínimo de 54 días desde a convocatoria oficial, vía decreto, comeza a correr.

Ademais, nese mesmo acto pola mañá, Núñez Feijóo dixo, entre risas, que nese momento non avisara os conselleiros de que se cadra terían que reunirse antes do próximos xoves, cando se celebrará a reunión ordinaria do Consello da Xunta.