CRTVG

Buscar

Feijóo asegura que o PP ten a fórmula gañadora para reactivar Ferrolterra

Publicado o 16/05/2019 15:47

Feijóo chegou ao mitin de copiloto do candidato e seis veces campión galego de rallys Germán Castrillón, que deixa a alcaldía de Cabanas tras doce anos co bastón de mando, para presentarse no seu concello. Entre as propostas que explicou para Narón está a creación dunha oficina de atención cidadá e un concelleiro de barrios, parroquias e rural para estar máis próximos aos veciños.

O presidente do Partido Popular de Galicia dixo que con Germán Castrillón en Narón e José Manuel Rey en Ferrol, a comarca será outra. Feijóo pediu unir no PP o voto de centro, de dereita e reformista.

E animou a non quedar na casa o vindeiro día 26 de maio. Despois de Narón Feijóo deu un mitin en Sada. Esta tarde fará campaña no Porriño e na Guarda.

Noticias web

16/05/2019