CRTVG

Buscar

Feijóo anuncia axudas para renovar 2.000 coches de máis de dez anos

Publicado o 05/07/2019 14:34

 A renovación do parque móbil, explica o presidente da Xunta, enmárcase no plan para unha mobilidade máis limpa, segura e vertebradora que ten en marcha a Xunta e que inclúe a construción de 170 quilómetros de sendas peonís e ciclistas como a que se acaba de estrear en Oleiros. Para o cambio de vehículos, o Goberno galego anuncia unha liña de axudas de máis dun millón de euros para conseguir retirar das estradas 2.000 coches cunha década de antigüidade.

"E así renovar o parque de vehículos da comunidade autónoma nun momento en que está caendo o número de matriculacións como consecuencia da incerteza enerxética que está vivindo España. Iso significa que con estes 2.000 vehículos novos os concesionarios facturarán máis de 40 millóns de euros en Galicia", afirma Núñez Feijóo.

E nese obxectivo para conseguir unha mobilidade máis segura, di Feijóo, a Xunta prevé ter rematadas no 2020 todas as sendas peonís proxectadas á beira das estradas autonómicas e ter eliminados todos os treitos de concentración de accidentes nas vías da súa titularidade.

Noticias web

05/07/2019