CRTVG

Buscar

Feijóo agarda que o luns cheguen as vacinas comprometidas

Publicado o 26/02/2021 16:51

Galicia segue adiante coa vacinación das persoas maiores de 80 anos, pero polo momento as doses que recibe a comunidade son insuficientes para cumprir cos obxectivos marcados. 

Porén, o Ministerio de Sanidade comprometeuse a enviar a partir do luns, 1 de marzo, o 8,2 % que lle corresponde por poboación diana. Ata o de agora estaba a subministrar o 5 %.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, agarda que o executivo central cumpra co seu compromiso.

Noticias web

26/02/2021