CRTVG

Buscar

Feijóo advirte: "Cs non vai obter deputados coas siglas do PP"

Publicado o 20/02/2020 21:04

Alberto Núñez Feijó participa neste momento en Pontevedra na reunión da xunta directiva provincial do Partido Popular.

O líder dos populares insistiu ao inicio do encontro en que nas eleccións galegas a candidatura que lidera debe poñer Galicia por diante de calquera acordo entre partidos e mesmo por diante do propio PP.

Feijóo espera que os dirixentes de Ciudadanos en Galicia contacten co Partido Popular para ver a maneira de colaborar e que Galicia siga tendo un goberno autonomista e constitucional. Sempre, insistiu, sen aspirar a obteren acta ningunha de deputados baixo as siglas do PP.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2020