CRTVG

Buscar

Advirten a Trump de que os EUA poderían chegar aos 100.000 contaxios diarios se non toman medidas

Publicado o 01/07/2020 08:50

O principal asesor epidemiolóxico da Casa Branca advertiu a Donald Trump de que os EUA poderían chegar a ter ata 100.000 contaxiados de coronavirus diarios se non se toman medidas.

Durante unha audiencia no Senado, o doutor Anthony Fauci alertou de que agora hai uns 40.000 casos diarios, pero poderían dispararse a máis do dobre agás que se adopten medidas para frear a pandemia.

O número de mortos por coronavirus nos EUA aproxímase aos 126.000.

Noticias web

01/07/2020