CRTVG

Buscar

Fan o Camiño para fomentar as doazóns

Publicado o 18/01/2020 21:10

 É o momento en que os integrantes e voluntarios da Asociaicón de Amigos da Pontevedrada chegaban ata a cidade do Lérez procedentes de Redondela. Fixeron ese tramo do Camiño de Santiago para fomentar a doazón de sange, órganos e tecidos.

Saíron de Tui a primeira hora da mañá e con eles vai a bolsa dos desexos ata chegar a Santiago o domingo. Nela van as peticións e esperanzas de moitas persoas que quixeron plasmar nun papel as súas ilusións. Depositaranos na capela da Corticela, onde un responsable do cabido os recollerá.

Tras un breve descanso continuaron cara a Caldas de Reis, onde outros voluntarios os sucederon e así ata chegar a Santiago. Con eles vai a bolsa dos desexos. Agardamos que todos eles se cumpran unha vez despositados en Compostela.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2020