CRTVG

Buscar

Familia e amigos despiden en Azkoita o expresidente do PNV, Xabier Arzalluz

Publicado o 02/03/2019 20:27

Na localidade biscaíña de Azkoitia, celebráronse este sábado os funereais polo expresidente do PNV Xabier Arzalluz. Con aplausos recibiron os asistentes o cadaleito cos seus restos mortais, nada máis chegar á igrexa da súa localidade natal.

Arroupando a familia estivo o lehendakari, Íñigo Urkullu, acompañado por conselleiros do PNV do Goberno Vasco, e representantes de distintos partidos políticos, que quixeron darlle o último adeus ao expresidente do PNV falecido o xoves pasado, aos 86 anos.

Entre eles o líder histórico do BNG, Xosé Manuel Beiras, con quen mantiña unha estreita amizade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/03/2019