CRTVG

Buscar

Faltan xornaleiros para a vendima deste ano, adiantada polas altas temperaturas

Publicado o 03/08/2020 15:31

A deste ano será unha vendima adiantada por mor por das altas temperaturas, que comezará nas máis das adegas das denominacións de orixe de Galicia a finais do mes de agosto.

Precisan xornaleiros, xente para traballar que este ano deberá seguir estritas medidas sanitarias durante a vendima, marcadas pola evolución da pandemia. Confían en ter xente dabondo, pero recoñecen que este ano pode complicarse máis do habitual.  

En apenas tres semanas esta adega do Ribeiro ten que vendimar 26 hectáreas de viñedos. Un traballo para o que contratan cada ano arredor de cincuenta persoas e que desta volta chega cheo de cambios.

Traballar con máscara coas altas temperaturas, padecer algún pequeno problema respiratorio ou as dificultades para compartir transporte coidan que poden facer máis complicado este ano conseguir temporeiros.

Na Fundación Amigos de Galicia reciben diariamente trinta solicitudes para traballar na vendima no Ribeiro e no Salnés, pero moitas din, non irán adiante. Con todo, hai confianza entre os adegueiros.

E malia que os mais dos temporeiros contratados acostuman ser xente da zona, non perden de vista que de ter que recurrir a xente de fóra de Galicia dependerán de como vaia evolucionando a pandemia.

Noticias web

03/08/2020