CRTVG

Buscar

Morren oito persoas por coronavirus en Galicia, a peor cifra desde comezos de maio

Publicado o 05/10/2020 19:28

Esta tarde notificáronse oito falecementos de persoas contaxiadas de covid−19. Eran un home de 88 años, falecido no hospital de Verín; outro varón de 85 años, falecido no CHOP; un varón de 88 años, falecido no CHUS, e un varón de 84 anos, falecido no hospital del Barco de Valdeorras.

Tamén faleceron unha muller de 73 anos no CHUAC, unha muller de 97 anos no CHUO (procedente da residencia As Salinas), unha muller de 91 años no CHUVI e unha muller de 77 anos no HULA, procedente da residente DomusVi Lugo (Outeiro de Rei). Todas estas persoas sufrían patoloxías previas.

Un milleiro de casos en Ourense

Galicia contabiliza hoxe 4.101 casos de coronavirus. Son 63 máis ca o domingo. Con todo, é a área de Ourense a que rexistra a suba máis importante: 91 casos máis en 24 horas. O resto das áreas practicamente non teñen variacións, agás Vigo, que rexistra un importante descenso.

Hospitalizacións e UCI

Canto ás hospitalizacións, hai que engadir un paciente máis na UCI, onde hai actualmente 37 persoas ingresadas. En planta súmanse 12 doentes máis ata alcanzar a cifra total de 204 pacientes.

Un total de 765 persoas morreron polo coronavirus en Galicia desde o inicio da pandemia, e 146 desas persoas faleceron nesta segunda vaga.

Outras 189 persoas recibiron a alta, polo que o número total de curados supera por primeira vez os 20.000. Nas últimas horas fixéronse máis de 6.000 PCR en toda Galicia.