CRTVG

Buscar

Falecen nove persoas en Galicia na cuarta xornada consecutiva de aumento de casos

Publicado o 19/10/2020 20:48

• Os falecidos polo virus ascenden a 831, 212 nesta segunda vaga

Cinco dos mortos este luns procedían de residencias de anciáns

• Galicia supera os 5.000 casos activos de coronavirus

Nas últimas horas faleceron nove persoas que foran diagnosticadas por coronavirus en Galicia.

Eran un home de 62 anos que estaba ingresado no CHUO (vincualdo coa residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar), unha muller de 84 anos e un home de 68 que estaban ingresados no CHUS, un home de 80 anos que estaba ingresado no CHUVI, unha muller de 73 anos que estaba ingresada no CHOP, dúas mulleres de 94 e 95 anos que faleceron na residencia Os Gozos do Pereiro de Aguiar, unha muller de 93 anos que faleceu na residencia Val de Monterrei e un home de 95 anos que faleceu na residencia DomusVi de Oleiros.

Todos eles tiñan patoloxías previas.

O total de falecidos en Galicia desde o inicio da pandemia ascende a 831. Deles, 212 faleceron nesta segunda vaga do virus.