CRTVG

Buscar

Falecen en Galicia tres persoas por mor da covid−19, que elevan a cifra total a 2.262

Publicado o 04/03/2021 19:58
Falecen en Galicia tres persoas por mor da covid−19, que elevan a cifra total a 2.262

Sanidade notificou o deceso de tres persoas diagnosticadas de coronavirus. Con estes datos, o número total de vítimas mortais por mor do virus ascende a 2.262 dende o comezo da pandemia en Galicia.

• Onte faleceu un home de 91 anos no CHUAC.

• Nas últimas 24 horas perderon a vida un varón de 85 anos no CHUF e unha muller de 84 anos na residencia La Milagrosa da Coruña.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, todas elas presentaban patoloxías previas.