CRTVG

Buscar

Falecen trece persoas nunha festa ilegal en Lima

Publicado o 23/08/2020 21:04

Momentos de moita angustia os que se viviron no interior desta discoteca de Lima, no Perú, onde se celebraba unha festa clandestina con 120 persoas que incumpría o toque de queda. A intervención policial provocou unha escorrentada e produciuse unha aglomeración na porta de saída. Algún mesmo intentou saír polas fiestras. Houbo esmagamentos e faleceron polo menos trece persoas.

Foron a confusión e o caos os que causaron o suceso. No interior da pista atenderon varias persoas e ducias de feridos, entre elas, tres policías, que foron trasladados ata a clínica Jesús del Norte.

Un total de 23 persoas están detidas mentres se están a realizar as primeiras investigacións. Unha considerable porcentaxe dos participantes na festa estaban contaxiados de covid-19, segundo as probas rápidas practicadas aos detidos.

Noticias web

23/08/2020