CRTVG

Buscar

Falece unha muller ao caer co seu vehículo dende o garaxe ao baleiro en Celanova

Publicado o 15/05/2020 19:57

Unha muller de 86 anos faleceu ao precipitarse o coche no que ía á rúa dende o garaxe dun edificio. Aconteceu no centro da vila contra as sete da tarde.

A vítima, veciña de Celanova, quedou atrapada no interior do vehículo. Ata o lugar trasladáronse varias unidades de bombeiros así como o helicóptero medicalizado aínda que non se puido facer nada por salvarlle vida. 

 

A Garda Civil investiga as circunstancias que motivaron o accidente. Polo momento non se sabe se a muller, de avanzada idade, sufriu algunha indisposición antes do sinistro ou ben foi un erro o que provocou que o coche acabara atravesando a parede de ladrillo do garaxe e caendo á rúa.