Falece unha muller en Viveiro tras caer dende un segundo andar a un patio interior
Publicado o 19/07/2019 13:53

Unha muller faleceu na mañá deste venres no municipio lugués de Viveiro tras precipitarse desde un segundo piso a un patio interior.
Segundo informou o CIAE 112-Galicia a Europa Press, o suceso ocorreu sobre as 9,30 horas da mañá nunha vivenda da avenida de Ferrol, cando varias persoas alertaron da caída dunha muller ao patio interior do edificio.
Ata o lugar do suceso desprazáronse os bombeiros, que accederon á zona a través doutra vivenda e rescataron a muller, de idade avanzada, segundo indicaron. A vítima foi asistida polo 061, pero non puideron facer nada por salvar a súa vida. No operativo participaron tamén axentes da Policía Nacional, da Policía Local e de Protección Civil.