CRTVG

Buscar

Falece unha bailarina durante as festas de Ávila tras o impacto dun artefacto pirotécnico

Publicado o 01/09/2019 21:38

Era o remate das festas nas Berlanas, en Ávila, e a orquestra Super Hollywood fixera xa a primeira parte da súa actuación. Segundo informaron desde a promotora de espectáculos, ao chegar o primeiro descanso sempre tiraban dous cartuchos pequenos de pirotecnia, que non deberían supoñer ningún perigo, pero, ao parecer, un deles podería levar máis carga da prevista e foi o que lle causou a morte á bailarina.

"Nun principio parecía todo parte do espectáculo. Estoupou, houbo un estrondo grande e despois xa empezamos a ver que non. Que no escenario había moito medo, moito susto e foi unha traxedia. A xente botaba as mans á cabeza e pedía unha ambulancia", conta unha testemuña.

O impacto da metralla do artefacto pirotécnico afectoulle á bailarina, de 30 anos, nunha arteria importante e aínda que foi trasladada en ambulacia inmediatamente faleceu pouco despois.
A Policía Nacional investiga agora se houbo un fallo de fabricación no artefacto e tamén como se produciu a explosión.
 

Noticias web

01/09/2019