CRTVG

Buscar

Falece en Verín ao caerlle unha árbore enriba mentres facía unha corta

Publicado o 01/04/2019 19:35
Falece en Verín ao caerlle unha árbore enriba mentres facía unha corta

Un traballador autónomo morreu na tarde deste luns cando realizaba unha corta nunha zona de monte na localidade ourensá de Verín. Segundo informa o 112, o accidente mortal produciuse ás 15,15 horas preto do polígono industrial de Pazos. Acudiron os bombeiros para liberar o traballador, que quedou atrapado ao caerlle unha árbore enriba. Unha vez liberado, os profesionais do 061 só puideron certificar o seu falecemento. Os servizos de emerxencias contaron co apoio das forzas de seguridade locais e da Garda Civil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/04/2019