CRTVG

Buscar

Falece un mozo de Carnota durante un atraco en Francia

Publicado o 10/08/2020 21:07

Hai tamén conmoción en Lira, en Carnota, pola morte dun veciño seu nun atraco en Francia. O falecido é un mozo de 31 anos, que falou coa súa familia por última vez hai case unha semana.

Antonio Mayán Costa traballaba para unha empresa eólica de Luxemburgo e desprazárase a principios da semana pasada a unha vila da Normandía, en Francia, para encargarse dun parque. Dende alí falou coa súa familia por última vez, e ao día seguinte xa non apareceu no traballo. Tardaron días en saber que era el un home que aparecera morto de forma violenta, seguramente nun atraco. Aquí, en Lira, o seu lugar de orixe, recibiron a noticia con moita tristura. 

 

Noticias web

10/08/2020