CRTVG

Buscar

Falece un home en Bueu no incendio da súa vivenda

Publicado o 12/04/2019 11:05

O suceso aconteceu nunha vivenda unifamiliar no lugar de Montemogos, na parroquia de Beluso. Arderon por completo o salón e o corredor da casa.

Falece un home en Bueu no incendio da súa vivenda

Un home de 56 anos faleceu tras o incendio da súa vivenda arredor das seis e media da mañá no lugar de Montemogos, na parroquia de Beluso, do concello pontevedrés de Bueu.

A Policía Local recibiu o aviso do incendio da vivenda unifamiliar en que descoñecía se había alguén no seu interior. Os bombeiros encontraron o cadáver do seu propietario. Arderon por completo o salón e o corredor da casa.