CRTVG

Buscar

Falece por coronavirus o expárroco da Escravitude

Publicado o 30/03/2020 20:52

Faleceu por coronavirus o párroco emérito da Escravitude. Ramón Barral tiña 83 anos e estaba nunha residencia de Santiago. En 2014, varias persoas asaltaran a súa casa, déranlle unha malleira e mataran a súa empregada. Pouco despois, o párroco xubilárase. Cando todo isto pase, a súa antiga parroquia organizará un funeral para recordalo.

Noticias web

30/03/2020