CRTVG

Buscar

Falece aos 87 anos o presentador estadounidense Larry King

Publicado o 23/01/2021 20:19

Larry King, un dos presentadores con máis sona da historia da televisión dos Estados Unidos, morreu hoxe aos 87 anos por covid-19.

Dos seus máis de sesenta anos de carreira profesional dedicou 25 deles a conducir un exitoso programa de entrevistas na CNN. Durante ese tempo chegou a entrevistar diferentes presidentes americanos así como numerosos persoeiros internacionais. A súa figura é fundamental para comprender o talk-show.






 

 

Noticias web

23/01/2021