CRTVG

Buscar

Falece o condutor dun coche que se foi da vía na N-VI en Outeiro de Rei

Publicado o 27/02/2021 13:04

Accidente mortal esta noite na Nacional VI á altura de Outeiro de Rei, a cinco quilómetros escasos de Vilalba. Faleceu o condutor dun vehículo que contra as dez e cuarto da noite perdeu o control e chocou con moita violencia contra o gardarraíl da vía.

Tras recibiren unha chamada telefónica dunha testemuña, desprazáronse ata o lugar efectivos dos bombeiros de Lugo e Vilalba, que tiveron que excarcerar o falecido. O outro ocupante do turismo accidentado resultou ferido leve e non tivo que ser trasladado a ningún centro médico.

Noticias web

27/02/2021