CRTVG

Buscar

Falece a infanta Pilar de Borbón aos 83 anos

Publicado o 08/01/2020 21:36

Dona Pilar de Borbón, a irmá maior do rei Xoán Carlos, morreu en Madrid aos 83 anos. Ingresou o domingo na clínica Ruber Internacional, ao empeorar do cáncer de colon que padecía desde hai anos. As mostras de condolencia sucédense desde que transcendeu a noticia, pasadas as dúas da tarde.

A través das redes sociais pronunciouse, por exemplo, o presidente Pedro Sánchez, para dar o pésame en nome do Goberno, ao rei Filipe VI e a toda a familia real.

Pesar tamén no PP, expresado por Pablo Casado neste chío, en que lembra a dedicación da infanta Pilar a proxectos sociais ao longo da súa vida.

Da mesma maneira, a través dun chío, Inés Arrimadas trasmitía o pésame ao xefe do Estado e á familia real. Finalmente, en nome propio e no do Congreso, a presidenta, Meritxell Batet expresaba así as condolencias polo falecemento de dona Pilar de Borbón.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí