CRTVG

Buscar

Fai un ano do primeiro caso de covid-19 dectectado en Galicia

Publicado o 03/03/2021 16:02

Xusto hai un ano, no laboratorio de microbioloxía do Complexo Hospitalario da Coruña, analizaban a mostra do primeiro positivo de coronavirus detectado en Galicia. Tratábase dun caso importado de Madrid.

O 3 de marzo de 2020, fai exactamente un ano, os especialistas estaban analizando aquí, no Hospital Clínico da Coruña, as mostras dun paciente con pneumonía bilateral.

Os médicos trataban de saber se ese enfermo, un home de 49 anos que chegara en coche de Madrid para unha entrevista de traballo, tiña coronavirus.

Ao día seguinte confirmaríase o positivo e o home converteuse no primeiro paciente con coronavirus de Galicia.

 

Noticias web

03/03/2021