CRTVG

Buscar

Continúa a busca dos mozos dúas semanas despois da súa desaparición en Porto do Son

Publicado o 20/07/2020 14:41

Hoxe fai xusto dúas semanas que os dous mozos noieses desapareceron na costa de Porto do Son. A busca dende aquela non se detivo.

Desde o primeiro momento foron moitos os medios de distintos servizos de emerxencias os que os buscaron por terra, mar e aire; pero os días van pasando e a falta de novidades fai difícil soster no tempo ese amplo operativo. De feito, Salvamento Marítimo decidía suspender nas últimas horas a súa participación na busca, e só vai mobilizar medios se hai algún tipo de avistamento.

Os que si saían esta mañá eran os efectivos de Protección Civil, pero o vento do nordés fixo que tiveran que abortar.

 

Noticias web

20/07/2020