CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Facer e degustar o 'caldo de gloria', un bo xeito de homenaxear a Rosalía de Castro

Publicado o 23/02/2018 14:30

Mañá fai 181 anos do nacemento de Rosalía de Castro. A fundación que leva o seu nome convídanos a celebralo con esta proposta: facer, e degustar, o 'caldo de gloria' que describiu Rosalía no poema 'Miña casiña, meu lar'.

O 181 aniversario de Rosalía de Castro párase nun dos poemas máis recitados de Follas Novas: 'Miña casiña, meu lar'.

A proposta da Fundación Rosalía de Castro, restaurantes, taperías, algúns colexios e ata particulares elaboran o "caldo de gloria" de Rosalía cos ingredientes que citou a propia autora no seu poema: grelos ou verza, unto e os xa esquecidos bolos de pote.

Tamén se admiten innovacións na receita tradicional. Mañá será Pepe Solla o que cociñe un "caldo de gloria" nos fogóns da Matanza, a casa-museo de Rosalía.