CRTVG

Buscar

Fabián Buezas, director comercial de Viajes InterRías: "Existen dúbidas sobre as condicións de cancelación, neste momento máis flexibles ca nunca"

Publicado o 26/05/2020 10:11

Imos ata Sanxenxo, unha das vilas referentes do turismo, para falar con Fabián Buezas, director comercial de Viajes InterRías e que nos conte se hai certo movemento entre as reservas dos turistas.

"Dende hai quince días, hai unha repunta de vendas, falamos de arredor dun 300%. Claro, cando se parte dunha base moi pequena, a subida e notable", di Buezas.

E cal é o perfil do turista que fai esas reservas? "Para vir a Galicia bótase man do turismo de proximidade, pero estamos notando que hai outros puntos de España, do sur e do norte, que tamén queren vir".

"Galicia é un destino que se vai salvar bastante ben. Imos triunfar este ano, dentro das posibilidades".

Á pregunta de se os viaxeiros teñen medo á hora de reservar, Buezas contesta que si, que "existen dúbidas sobre as condicións de cancelación, que son neste momento máis flexibles ca nunca". "O cliente pode comprar agora para despois voir no verán, e se non viaxa, os custos serían cero. Iso anima a que a venda repunte".

Ademais, Buezas apunta que está en auxe a venda de apartamentos e vivendas unifamiliares. "En xeral estanse vendendo todo tipo de apartamentos".

 

Noticias web

26/05/2020