CRTVG

Buscar

A exposición 'Drift', no MAC da Coruña

Publicado o 23/10/2018 18:24

Son miradas cruzadas entre o deseño e a arte contemporánea. Unha exposición mostra na Coruña as interseccións entre dous campos que se mesturan e retroalimentan.

O comisario David Barro mostra o ensaio que complementa a exposición. Drift significa 'vagar, ir á valga' ou 'divagar', actos consubstanciais á mesma creación. Porque o debate entre os límites do deseño e a arte non está pechado.

O deseño galego está presente en clásicos coma Díaz Pardo ou Seoane. En descoñecidos na súa terra, coma Víctor Moscoso, creador dunha linguaxe pop, e nomes consolidados, coma os de David Barro e Tomás Alonso.
Álvaro Valiño leva unha longa traxectoria en medios de comunicación, dende Público ata o New York Times.

Dende o deseño italiano de Ettore Sottsass, ata o alemán de Dieter Ram. Dende a Unidade dentro da Unidade de Braum, ata a unidade dentro da diversidade de Olivetti. As grandes corporacións retroaliméntanse. Todos temos deseños na casa e na man. Iso si, de distintos prezos.

Arte e deseño mudan coa tecnoloxía. A deseñadora dixital Marta Verde fixo unha peza para a exposición Full Vacui.

É unha exposición cunha presenza notable de mulleres, coma Paula Sher, e que mostra unha atención especial á tipografía.
Coinciden no pop e no minimal, no construtivismo e mesmo no Dada.

Dende os anos vinte ata a actualidade, arte e deseño fúndense e dialogan nunha exposición que se prolongará ata fin de ano.


 

Noticias web

23/10/2018