CRTVG

Buscar

Expectación nos EUA polo primeiro cara a cara entre Trump e Biden

Publicado o 29/09/2020 12:03

Donald Trump e Joe Biden mídense está madrugada no seu primeiro cara a cara na carreira pola Casa Branca. O debate será en Cleveland. A pouco máis dun mes para as eleccions presidenciais, as sondaxes mostran unha lixeira vantaxe do demócrata Biden, aínda que nos últimos días o republicano Trump está acurtando distancias. O presidente chega á cita inmerso en plena polémica pola revelación de que nos últimos anos case non pagou impostos.

O candidato presidencial demócrata Joe Biden publicou este martes a súa declaración ao fisco do ano pasado e revelou que pagou 300.000 dólares en impostos federais, unha cifra que contrasta cos 750 que pagou o presidente Trump, en 2016, cando gañou as eleccións. A campaña de Biden publicou os documentos fiscais de Biden horas antes do primeiro debate.

A xestión da pandemia será outro dos temas centrais deste primeiro cara a cara de 90 minutos e sen público entre ambos os dous candidatos á presidencia do EUA.


 

Noticias web

29/09/2020