CRTVG

Buscar

Exercicio de solidez do Breogán na pista do Valladolid (70-80)

Publicado o 17/01/2021 14:34

Na Liga LEB o Breogán volveu hoxe á senda da vitoria cun triunfo importante en Valladolid. O líder aproveitou o mal momento do rival, que acumula tres derrotas consecutivas, e cun parcial inicial espectacular, de 0 a 12, encarreiraron un encontro que foron traballando durante os tres primeiros cuartos.

Os tres caeron do lado lugués. Ao final afianzan o liderado cun triunfo por 70 a 80. Destacou na anotación Larsen, con 18 puntos. Solazzo e Mo Soluade achegaron 14 cada un.

Noticias web

17/01/2021