CRTVG

Buscar

Ex-dirixentes políticos mundiais piden unha reacción para que o virus non se estenda por países vulnerables

Publicado o 08/04/2020 09:04

Exdirixentes políticos de 70 países, diplomáticos e académicos pediron un liderado global que actúe para evitar que o coronavirus se estenda a zonas vulnerables de Asia, África e América Latina.

Todos eles asinaron un documento en que se pide a celebración dunha conferencia internacional de doadores para ofrecer, entre outras cousas, apoio económico aos países cun sistema sanitario débil.

No documento pídese unha reacción común para afrontar o que consideran o maior reto global en décadas.

Noticias web

08/04/2020