CRTVG

Buscar

Evo Morales ten intención de volver a Bolivia

Publicado o 20/10/2020 21:43

Desde A Arxentina, o exmandatario Evo Morales manifestou a súa intención de volver a Bolivia, despois da vitoria do seu socio Luis Arce nas eleccións presidenciais do pasado domingo. Tras máis de dez meses na Arxentina, o expresidente Evo Morales volverá finalmente a Bolivia, aínda que non precisou unha data exacta de retorno. Nunha conferencia de prensa, Morales reiterou que os procesos xudiciais na súa contra son parte dunha guerra sucia e tamén negou calquera tipo de fraude electoral. 

Cuestión de tempo. Con estas palabras, Evo Morales anunciou a súa intención de retornar a Bolivia, país que abandonou o pasado mes de novembro entre acusacións de golpe de Estado. "Tarde ou cedo imos volver a Bolivia, ese non é o debate", di Evo Morales, expresidente de Bolivia.

O exmandatario boliviano recoñeceu que non quere volver ao Goberno, senón que o seu propósito é dedicarse á agricultura. Morales foi o primeiro en proclamar a vitoria do seu compañeiro Luis Arce nas eleccións presidencias de Bolivia. Segundo os últimos datos oficiais, Arce foi o candidato máis votado cun 49 % dos sufraxios.

 

 

 

Noticias web

20/10/2020

Máis sobre actualidade