CRTVG

Buscar

O mozo que golpeou e humillou un indixente no Carballiño acepta dous anos de cárcere

Publicado o 23/01/2020 12:01

Arrepentido, así se amosou Jacobo Jiménez no xuízo. Unha vista moi curta porque houbo conformidade. Nun principio o Ministerio Fiscal solicitaba unha pena de dous anos e medio de prisión polos delitos de lesións e contra os dereitos fundamentais pero houbo negociación e acordaron reducir a pena a dous anos polo que ao non ter antecedentes penais non entraría no cárcere.

Evita o cárcere con varias condicións. Non pode achegarse á vitima, ten que pagar en plazo a responsabilidade civil que lle piden que ascende a preto de dous mil euros e non pode volver deliquir nun prazo de dous anos. Se incumpre irá a prisión.

Os feitos aconteceran hai dous anos. O agresor pegoulle un puñazo con tal intensidade que a vítima, toxicómana, chocou primeiro contra o cristal dun local e despoois contra o chan. Estivo tres días hospitalizado. A agresión foi gravada co móbil e correu como a pólvora polas redes sociais. Dende aquela agresor e vitima non se volveron ver.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2020