CRTVG

Buscar

Europa impón restricións ante o aumento de casos de COVID-19 en España

Publicado o 26/07/2020 15:10


Europa toma medidas ante o aumento de casos de COVID-19 en España. Os aeroportos comezan a notar xa as restricións europeas.

Dende esta medianoite, o Reino Unido obriga a unha corentena de 14 días a todos os viaxeiros que proceden de España.

Bélxica tamén prohibiu este sábado as viaxes non esenciais ás provincias de Lleida e Huesca e someterá tamén a illamento de 14 días e a unha proba diagnóstica ás persoas que cheguen destas zona.

Noruega tamén impón corentena aos viaxeiros Españois, e Francia recomenda non viaxar a Cataluña.

Todo isto supoón un duro golpe para o sector do turismo, que busca fórmulas para non perder o verán.

Noticias web

26/07/2020