CRTVG

Buscar

Estréase na Coruña o primeiro carril compartido con limitación de velocidade a 30

Publicado o 04/06/2020 21:22

A rúa Juan Flórez, unha das máis céntricas da Coruña, foi a elixida para a posta en marcha do primeiro carril compartido con limitación de velocidade a 30 quilómetros por hora con prioridade para bicicletas e patinetes eléctricos. Unha medida encamiñada a unha mobilidade máis sostible.

 "Ese é o principal oxectivo, facelo máis atractivo para o uso de vehículos de mobilidade persoal e da implantación da bicicleta, máis cómodo para eles", sinala Juan Antonio López

Tanto condutores como usuarios habituais da bicicleta cren que a medida marca o futuro da mobilidade urbana

 "Iso é o futuro, non hai máis explicación. O futuro vai ser a mobilidade en transporte público e adaptarse ás novas vivencias que temos" "O único xeito de ter un tráfico máis calmado dentro da cidade e en zonas como Juan Flórez, só pode facerse desta forma"

Con todo hai os que cren que cando se volva á normalidade e o tráfico sexa máis denso, podería supoñer un problema

 "Eu penso que cando todo volva á normalidade isto vai ser un problema porque isto é unha zona ben transitada, pero haberá que probar" "A mobilidade a 30 pouco vai favorecer, pero pode axudar a crear unha nova forma de circulación" " Aquí en Juan Flórez con todo o tráfico que hai vai ser un caos, penso eu"

A medida irase estendendo por toda a cidade nos próximos meses. Con ela o Concello quere cumprir coa declaración da Coruña Cidade 30, aprobada pola corporación municipal o mes de maio pasado.

Noticias web

04/06/2020