CRTVG

Buscar

Esther volve á casa tras superar o coronavirus

Publicado o 20/04/2020 14:10

E seguimos coñecendo algunhas desas historias: as das persoas que lograron dobregar a enfermidade.

Entre aplausos, con bicos distantes tras as máscaras e con xestos de agradecemento mutuo. Así se despedía Esther dos sanitarios que a atenderon na súa estadía no hospital Fátima. Esta viguesa, profesora nun instituto de Mos, séntese privilexiada polo trato profesional e sobre todo humano que recibiu. O virus fíxolle pasar por momentos moi duros. Porén, xa na casa, onde debe completar a súa recuperación, asegura saír reforzada da enfermidade polo apoio e o agarimo que sentiu. Emocionada, agarda que esta crise nos faga reflexionar sobre o mundo no que queremos vivir.

Noticias web

20/04/2020