CRTVG

Buscar

Estenden as restricións á navegacion de veleiros na costa galega polas candorcas

Publicado o 30/09/2020 21:31

As restricións á navegación de veleiros de tamaño medio esténdense a partir de agora desde Fisterra ata o Cabo Ortegal. Quérese evitar así que se produzan novos ataques de candorcas que poidan aumentar os danos materiais xa causados ou mesmo que poida haber feridos. O último ataque produciuse esta pasada noite a seis millas de Camariñas. Quedaron afectados os temóns dos veleiros, o cal alarmou os tripulantes. Ata agora as candorcas atacaron barcos de eslora igual ou menor a 15 metros e sempre a unha distancia de dúas a oito millas náuticas de costa.

Noticias web

30/09/2020