CRTVG

Buscar

Este verán haberá concertos, pero con limitacións na capacidade e medidas de seguridade

Publicado o 28/05/2020 21:44

Se cadra non diante de multitudes, tampouco de xente amoreada. Pero a música forma parte do verán e semella que ningún concello, a priori, quere quedar sen ela. No sector seguen con incerteza, pero parece que irrompe o optimismo.

Cren no sector que, precisamente, é un bo momento para as bandas galegas e para formatos máis pequenos e menos mainstream. Así e todo, haberá que adaptarse á nova fórmula imposta polo Goberno. Polo momento, e á espera dun protocolo máis concreto, non máis de 400 cadeiras ao aire libre e estritas medidas de seguridade.

Medidas que toman os artitas e que tomará o público para que, polo menos, a música lle gañe a batalla ao coronavirus.

Noticias web

28/05/2020