CRTVG

Buscar

Este venres celébrase o Día Europeo dos Parques

Publicado o 24/05/2019 19:46

E hoxe celébrase o Día Europeo dos Parques. Galicia ten declarados seis parques naturais. Fragas do Eume e Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán na Coruña, O Invernadoiro, Serra da Enciña da Lastra e Baixa Limia-Serra do Xurés en Ourense e Monte Aloia en Pontevedra. Ademais contamos co Parque Nacional das Illas Atlánticas. O Día dos Parques conmemora a declaración dos primeiros parques nacionais en Europa, en Suecia, hai xa máis dun século. Esta edición ten o lema é "Áreas protexidas: os nosos tesouros naturais".
 

Noticias web

24/05/2019