CRTVG

Buscar

Este sábado reabren os centros comerciais en horario de fin de semana

Publicado o 26/02/2021 21:01

Neste centro comercial hai sesenta negocios que logo de semanas de máximas restricións prepáranse para atender os seus clientes de novo en horario de fin de semana

Este venres nas primeiras horas de desescalada xa se notou unha maior afluencia de visitantes e consumidores sobre todo de concellos próximos á cidade da Coruña.

Comercios, tendas e puntos de venda manteñen todas as medidas de seguridade e hixiene así como as limitacións de capacidade.

As áreas de descanso tamén permanecen pechadas e nas zonas comúns só se pode circular para transitar dun establecemento a outro.

Noticias web

26/02/2021